O litoral da Coruña e Pontevedra, con aviso laranxa por fenómenos costeiros

Na costa de Lugo a alerta será amarela.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/02/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A neve, o vento, as treboadas ou a forte ondada porán este mércores con aviso de risco (amarelo) ou risco importante (laranxa) a boa parte da Península e Baleares, excepto a Estremadura, oeste de Andalucía e Navarra, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). En concreto, A Coruña e Pontevedra terán aviso laranxa por fenómenos costeiros e a costa de Lugo, amarelo.

En xeral este mércores estará marcado polas nevadas no centro e norte peninsular e polo vento forte. Esta situación débese á inestabilidade posterior ao paso dunha fronte atlántica que xa superaría as Baleares e que deixará ceos nubrados ou cubertos e precipitacións na maior parte da Península durante a madrugada.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo

FRONTE CÁLIDA

Pola tarde, unha fronte cálida entrará polo oeste da Península e provocará un aumento da nebulosidade así como algunhas choivas débiles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta