Comeza a baixar a presión hospitalaria pero soben os contaxios diarios

Os hospitalizados con Covid caen en 63 en Galicia ata os 1.215. A taxa de positividade sobe a un 5%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A presión hospitalaria segue en descenso tras baixar en 63 as persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais de Galicia, que se sitúan en 1.215, con oito pacientes con coronavirus menos en UCI e 55 menos noutras unidades. Tamén os casos activos seguen reducíndose e están en 17.632, o que supón 820 menos. Por contra os contaxios diarios e a taxa de positividade repuntan lixeiramente.

Así o constatan os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes. O maior descenso de pacientes con este virus ingresadas corresponde á área da Coruña e Cee onde se atopan en UCI 80 persoas --seis menos-- e 254 noutras unidades --22 menos--. Pola súa banda, na de Ferrol descende en dúas os que están en críticos ata os 20 e baixan en 15 os doutras unidades e sitúanse en 144.

Pola súa banda, na área sanitaria de Vigo os pacientes con Covid en UCI caen a 28 --un menos-- e os doutras unidades a 135 --catro menos; na de Ourense pasan a 18 os críticos --dous menos-- e a 148 os doutras unidades --tres menos--.

Na de Lugo aínda que soben en dous os hospitalizados con Covid en UCI ata os 28, baixan en seis os doutras unidades a 66; na de Santiago e Barbanza aumentan nun os críticos ata os 46 e caen en catro os doutras unidades, que se sitúan en 119. E na de Pontevedra e O Salnés mantéñense en 20 os ingresados en UCI e baixan a 109 os doutras unidades --uno menos--.

CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS

Os casos activos seguen en descenso en Galicia e este mércores sitúanse en 17.632, o que supón 820 menos que a xornada anterior. Deles, 4.852 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee; 2.924 á de Vigo; 2.542 á de Santiago e Barbanza; 2.219 á de Pontevedra e O Salnés; 1.886 á de Ourense; 1.641 á de Lugo; e 1.568 á de Ferrol.

Por contra, os contaxios diarios detectados con todos os tipos de probas, aínda que se manteñen por baixo do milleiro, subiron lixeiramente da contorna do medio milleiro no que estaban luns e martes a 708. Deles, 203 no distrito sanitario da Coruña e Cee; 127 na de Vigo; 80 na de Santiago e Barbanza; 72 na de Ourense; 68 na de Pontevedra e O Salnés; 56 na de Ferrol e 48 na de Lugo.

TAXA DE POSITIVIDADE

No que respecta á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- aumentou a un 5% tras baixar desa cifra a un 4% o luns por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse nun 3,6% este martes. Así, colócase no que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Galicia, aínda que lixeiramente,. Rosa Veiga - Europa Press
Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Galicia, aínda que lixeiramente,. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta