Aparece un cadáver no río Miño ao seu paso por Ourense

No mes de xaneiro desaparecera unha muller no río.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/02/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O servizo de emerxencias do 112 informou de que este mércores foi achado o corpo dunha persoa no río Miño, no concello de Ourense. O achado produciuse ao redor das 12,30 horas e foron os propios efectivos de emerxencias de Ourense os que alertaron ao 112 Galicia de que acababan de atopar un corpo no caudal do río ourensán, á altura do Pavillón dos Remedios.

O 112 mobilizou aos bombeiros de Ourense, aos axentes da Policía Nacional e Local do municipio e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Polo momento, todos os efectivos atópanse traballando no lugar e non transcenderon máis datos. No río desaparecera unha muller a principios do pasado mes de xaneiro, cuxa procura se efectuou por medios terrestres e aéreos, pero non foi localizada.

O corpo foi atopado nas inmediacións do Pavillón dos Remedios, a escasos metros da ponte romana da cidade. EUROPA PRESS - Arquivo
O corpo foi atopado nas inmediacións do Pavillón dos Remedios, a escasos metros da ponte romana da cidade. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta