A Xunta valora abrir expendiente ao médico xefe do CHUO negacionista da vacina contra a covid-19

Carlos González de la Cuesta cualificou de "experimento xenético" a vacina.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/02/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade analiza as declaracións do xefe de sección de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), Carlos González de la Cuesta, contra a vacina da Covid-19 "por se puidesen ser constitutivas de abrir un expediente informativo".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o explicou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en relación ás críticas deste profesional que difundiu un vídeo no que, tras identificarse como médico, rexeita a "vacinación obrigatoria" e tacha de "experimento xenético" a vacina.

En relación a estas declaracións do xefe de sección de Alergoloxía do CHUO Comesaña afirmou que "preocupan profundamente este tipo de discursos que poden facer dubidar á poboación da conveniencia de vacinarse contra a Covid-19".

"A vacinación é agora mesmo una das nosas fundamentais ferramentas e calquera indicio de dúbida sobre a importancia desta ferramenta preocúpanos profundamente", puntualizou o titular de Sanidade.

Con todo, puntualizou que se trata de "declaracións feitas no ámbito privado e facendo uso da súa liberdade de expresión". "No entanto, desde a Consellería de Sanidade estamos a analizar estas declaracións por se puidesen ser constitutivas de abrir un expediente informativo", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta