Manifestación dos hostaleiros de Ferrol contra as restricións mentres demandan un rescate

"Andan xogando connosco dun día para outro sen ningún tipo de alternativa" din ao mesmo tempo que inciden en que "todo iso, a pesar do que din os políticos, sen ningún tipo de ingreso e pagando todos os impostos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Hostaleiros e autónomos de Ferrol volvéronse a manifestar polas rúas desta cidade para demandar "un rescate" polo peche imposto "sen ningún tipo de alternativa" mentres pagan "o 100% dos impostos e sen beneficios". Pola súa banda, os de Lugo estudan a presentación dun recurso contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ante a resolución no País Vasco que permitiu a reapertura destes establecementos.

Un dos portavoces de Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra (H.A.F), Serxio Perille, destacou, á saída desta nova mobilización, que xa se vai a cumprir un ano con restricións. "Andan xogando connosco dun día para outro sen ningún tipo de alternativa", queixouse, ao mesmo tempo que incidiu en que "todo iso, a pesar do que din os políticos, sen ningún tipo de ingreso e pagando todos os impostos", o que o levou a asegurar que "isto é insustentable".

Antes de iniciar a marcha, participantes entregaron alimentos non perecedoiros que posteriormente foron doados á cociña económica de Ferrol, institución da que os autónomos e hostaleiro encomiaron o seu traballo.

A preguntas dos medios de comunicación, sobre se estiman que deberían de acudir á xustiza para reabrir os seus negocios, Perille afirmou ser consciente de que "é unha posibilidade que desde algunhas asociacións barallan", aínda que desde o seu punto de vista "os políticos son os que teñen que dar unha solución".

Outra das integrantes deste colectivo, Azucena Rico, estimou que "un 40% de negocios pechou" e augurou que "con estas medidas é evidente que serán moitos máis canto máis tempo pase". Rico, que é copropietaria dun negocio de lecer nocturno, manifestou que "as axudas non chegan, os políticos véndenas, pero o 70% das axudas que están pagas son das que aprobaron, pero hai moita xente que non ten acceso a estas achegas polas limitacións que pon".

"Os negocios acabarán pechando e a xente comendo na cociña económica, os que non teñan familia nin maneira de subsistir, porque tras un ano, por moitos aforros que teñas, estes vanse acabando", sentenciou.

Mobilización de hostaleiros e autónomos en Ferrol.
Mobilización de hostaleiros e autónomos en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta