Galicia administra só 351 vacinas en 24 horas a pesar das promesas de Feijóo

Galicia baixa a súa taxa de vacinación ao 76,5%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Galicia administrou un total de 114.462 vacinas, o que supón só 351 máis que na anterior xornada, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Sanidade --relativo a cifras do 9 de febreiro, xa que sempre se publican un día despois--.

Esta cifra contrasta coas máis de 3.000 dose que se puxeron en días anteriores. Deste xeito, Galicia administrou o 76,5% das 149.615 doses recibidas. Hai unhas semanas, Alberto Núñez Feijóo anunciaba que Galicia podería vacinar a toda a poboación galega nun mes de ter as vacinas dispoñibles.

Cos novos datos, Galicia baixa a súa taxa de vacinación que se situa na media española (o 76,6%) despois de que Galicia estivese durante varios días por encima das porcentaxes de vacinación do conxunto de España. Pola súa banda, hai 54.604 galegos que recibiron xa a segunda dose que inmuniza contra a covid, o que supón só 100 máis respecto dos datos comunicados por Sanidade o martes.

En concreto, Galicia recibiu 128.815 (unhas 20.000 máis coas últimas remesas desta semana), 9.800 (5.300 máis esta semana) e as 11.000 de Astrazeneca recentemente chegadas.

Vacina de AstraZeneca contra a covid. GVA
Vacina de AstraZeneca contra a covid. GVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta