Darias rexeita modificar o estado de alarma para evitar que os tribunais anulen medidas das autonomías

Pide manter as "medidas restritivas" para frear o coronavirus porque son "duras" pero "eficaces".

Por Europa Press / Redacción | BILBAO | 10/02/2021 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, rexeitou este mércores que se vaia modificar o decreto do estado de alarma para evitar que os tribunais anulen medidas das autonomías, unha formulación que realizou a conselleira vasca de Saúde, Gotzone Sagardui, despois de que o TSJPV decidise, en contra do decretado polo Executivo autonómico, permitir a reapertura da hostalaría nos municipios que se atopan en 'zona vermella' por alta incidencia da covid.

Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello Interterritorial, Darias sinalou que, no encontro, Sagardui propuxo a posibilidade de reformar o decreto do estado de alarma co fin de evitar que os tribunais poidan tombar restricións adoptadas polos gobernos das comunidades autónomas.

A ministra lembrou que en Navarra hoxe o TSJN validou as medidas de restrición ditadas polo Executivo da Comunidade Foral, do mesmo xeito que o fixeron outros tribunais de xustiza de Cantabria ou Murcia. "Nós cremos que as medidas que están sobre a mesa son eficaces", subliñou.

Tras expresar o seu "máximo respecto" ás decisións xudiciais, mostrou especialmente o seu "máximo apoio" a todas as medidas das autonomías. "Sabemos que son medidas restritivas, pero tamén sabemos que, cando se aplican, como algúns conselleiros din, case con microcirugía, porque van directamente a aquelas medidas que maior incidencia teñen na propagación do virus, vemos que, tras dúas semanas ou 14 días, a curva empeza a descender", remarcou.

Control policial en Santiago de Compostela
Control policial en Santiago de Compostela | Fonte: EP

RESTRICCIÓNS

Por outra banda, Darias pediu este mércores ás Comunidades Autónomas o mantemento das "medidas restritivas" para frear o coronavirus porque son "duras" pero "eficaces" para baixar a incidencia acumulada en 14 días.

Así, sinalou que "a inmensa maioría" dos conselleiros autonómicos confirmaron na reunión que van manter as medidas que veñen aplicando coa pandemia pois son "conscientes" de que, a pesar dos descensos, a situación segue en "risco extremo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta