A Xunta pídelle tamén ao Goberno axudas para a celebración do Xacobeo

Rueda insiste en que o Goberno tome medidas para axudar a sectores moi afectados polas restricións da covid-19, como a hostalaría

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta solicitou este mércores nunha reunión co director do Instituto de Turismo de España (Turespaña), Miguel Sanz, que o Goberno central apoie a celebración do Xacobeo 2021, que se estenderá ao ano 2022, e mostre "un compromiso concreto" en colaborar coa súa organización.

Segundo traslada a Xunta nun comunicado, Alfonso Rueda explicou que se esta celebración "ten un excepcional interese e será o motor de reactivación económica do turismo e a economía galega" e engadiu que "non só beneficiará a Galicia, senón a todas as comunidades polas que pasa o Camiño e á marca España".

Deste xeito, tamén reclamou apoio do Executivo central para a promoción internacional do Ano Santo, co obxectivo de contribuír a captar peregrinos doutros países e sobre todo o próximo ano, se as circunstancias sanitarias o permiten, recuperar o turismo internacional e favorecer así a recuperación económica.

No encontro, ao que asistiron a directora e o xerente de Turismo de Galicia, Rueda transmitiu ao director xeral de Turespaña a aposta do Goberno galego pola posta en marcha neste primeiro trimestre do 'seguro coronavirus', que conta cun investimento de 1,4 millóns de euros.

Desta medida, xa presentada, destacou o seu carácter pioneiro e que permitirá cubrir os custos sanitarios, de transporte e aloxamento que se deriven da posible situación de contaxio de covid-19 dun viaxeiro e/ou o seu acompañante.

Fotos Xunta / Vicepresidente Primeiro / Turismo. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Vicepresidente Primeiro / Turismo. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta