Agricultores e gandeiros reciben axudas de 124.000 euros para a incorporación a distintivos de calidade

Estes diñeiro está confinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Un total de 577 agricultores e gandeiros galegos beneficiáronse das axudas da Xunta cun valor de 124.000 euros para impulsar a incorporación a distintivos de calidade.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves, 11 de febreiro, a resolución destas subvencións -da convocatoria do ano pasado- da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería de Medio Rural.

Un agricultor nun cultivo. NOSTOC BIOTECH
Un agricultor nun cultivo. NOSTOC BIOTECH

Dos 577 produtores, a maior parte (333) incorporouse á indicación xeográfica protexida Tenreira Galega. Así mesmo, 144 pasan ao réxime de agricultura ecolóxica. Fan o propio 53 na de vaca/boi galego, así como 46 á de Mel Galicia. Finalmente, un produtor entra na DO de Valdeorras.

A contía da axuda correspóndese co 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación durante un máximo de cinco anos. E estes apoios están cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para Galicia 2014-2020. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta