O PP de Pontevedra pide investigar os "contratos a amigos e familiares" do goberno do BNG

Esixen crear unha comisión de investigación por contratos "cuxo importe ascende a máis de 100.000€". Segundo o voceiro 'popular', trataríase de "contratacións menores" por cuxa cantidade non deben ser sacados a concurso público. Aseguran que os suposto feitos inclúen "a contratación con diñeiro público das orquestras do irmán do alcalde"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O concelleiro portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou este xoves que solicitará a creación dunha Comisión de Investigación co fin de "esclarecer a xénese e a elaboración" de diferentes "contratos a familiares, amigos e cargos do BNG" por parte do Concello da cidade do Lérez.

Esta iniciativa debaterase e votará no pleno municipal do mes de marzo e Rafa Domínguez cre que contará cos votos a favor de toda a Corporación porque a concelleira nacionalista e portavoz do goberno local, Anabel Gulías, "dixo que brindaría todos os recursos existentes e alentou a seguir investigando", e engade que "o PSOE seguro que non terá ningún problema en votar a favor desta comisión".

Segundo insistiu o portavoz do Partido Popular no Concello de Pontevedra existen unha serie de adxudicacións que "manteñen o mesmo modus operandi", e detallou que son "contratacións menores por cantidades que permiten sortear o sacalos a concurso público ou a libre concorrencia doutras persoas ou empresas". Rafa Domínguez enmarcou esta proposta de Comisión de Investigación na "loita contra corrupción, a transparencia e a igualdade de trato de todos os candidatos".

O concelleiro portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA
O concelleiro portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

ADXUDICACIÓNS

Nesa comisión, os puntos a tratar céntranse na necesidade dos contratos; cales son os criterios de adxudicaron seguidos en cada un deles; se se analizaron ou non polos técnicos as posibles causas de incompatibilidades que poidan existir; se se puxo en coñecemento dos técnicos a posible existencia de conflitos de intereses e se, en consecuencia, foron obxecto de estudos; quen foi o órgano de contratación en cada caso; e por último, a identificación, en caso de existir, do responsable de cada un dos contratos.

Entre outras adxudicacións a estudar nesta comisión atópanse as realizadas a "Galiza Nova, Galiza Sempre, a contratación con diñeiro público das orquestras do irmán do alcalde, do compañeiro da portavoz do Concello, ou do grupo onde toca o concelleiro de Urbanismo, a fundación nacionalista Bautista Andrade, o número 21 das listas ao Concello do BNG, o responsable de área do Salnés do BNG ou o tenente alcalde de Barro", enumerou.

Tanto os funcionarios como os responsables políticos destes contratos serían preguntados por estes contratos, "cuxo importe ascende a máis de cen mil euros". O portavoz do PP confirmou que "serán máis contratos" os que tamén se engadan a esta lista e que se irán publicando nas seguintes semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta