Feijóo tras a sentenza do TSJPV: "eu faría o mesmo que Urkullu"

A Xunta irá á xustiza para obrigar á vacinación dun usuario da residencia de Ribadeo contaxiado que cuxa familia negouse a que se vacinara.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) que anula o peche da hostalaría decretado polo Goberno de Euskadi reflicte que existe "un problema de seguridade xurídica" para os executivos autonómicos á hora de adoptar medidas para a xestión da pandemia.

"Hai un problema de seguridade xurídica que está a impactar en moitas das decisións que as autoridades en saúde pública temos que adoptar", sinalou o mandatario galego, que incidiu en que "pechar actividades non é un capricho" dos gobernantes que, di, están a mercede de sentenzas xudiciais sobre as restricións "que moitas veces son contraditorias".

Tras mostrar o seu respecto "como demócrata" ás decisións xudiciais "aínda que non as comparta" e sinalar que "tomaría a mesma decisión" que o seu homólogo vasco, Íñigo Urkullu; Núñez Feijóo indicou que este fallo do Superior vasco reflicte que a "seguridade xurídica" para os gobernos en materia de medidas de saúde pública é "difusa" e "insuficiente", polo que volveu a demandar a elaboración dun marco lexislativo a nivel estatal que ampare a adopción de restricións.

"Desde Galicia pedimos desde hai meses unha lei para xestionar a pandemia", remarcou Núñez Feijóo antes de expresar que "é moi difícil" facer fronte a unha crise sanitaria como a actual sen contar "con todas as competencias para iso" e sen "instrumentos legais adecuados".

A demanda dun marco normativo expreso sobre a pandemia levouno a pronunciarse sobre o caso dunha usuaria dunha residencia pública (dependente da Deputación de Lugo) de Ribadeo que non recibiu a segunda dose da vacina por negativa expresa dun dos seus familiares.

"Temos que acudir a un xuíz para solicitar a vacinación desta persoa porque entedemos que é necesario para protexer a súa vida, a seguridade das persoas que a coidan, e a do conjnto da sociedade", comentou o presidente autonómico sobre este caso.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta