A Xunta advirte: "quedan dous meses de moita precaución"

"Temos que non fallar durante estes dous meses ata principios do mes de maio, porque nos xogamos moitas vidas", indica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o vindeiro luns, día 15 de febreiro, o Goberno galego anunciará, tras a reunión do comité clínico, se son "poucos ou moitos" os levantamentos das restricións en vigor para facer fronte aos contaxios da covid-19.

Detención en Narón por saltarse reiteradamente o confinamento. GARDA CIVIL
Detención en Narón por saltarse reiteradamente o confinamento. GARDA CIVIL

Con todo, avanzou que "a preocupación aumenta e se incrementa" durante o período de vacinación e por iso as medida "teñen que ser graduadas e proporcionadas". De feito, lembrou que agora comeza a vacinación dos maiores de 80%, unha das poboacións "máis vulnerables", dixo, que non rematará ata a primeira ou segunda semana de maio. "Por iso quedan dous meses de moita precaución e rigor e a precaución impide que fagamos aperturas, a pesar de que queiramos facer", indicou.

De feito, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello recoñeceu que non se poderá volver "en ningún caso a situacións anteriores" e considerou que "se Galicia evoluciona ben" se poderá facer unha "apertura gradual, prudente e acorde á situación epidemiolóxica". Tomando os datos desta semana, Feijóo insisitu en que aínda non se poden permitir tomar este tipo de decisións polo que o comité clínico "en ningún caso valorou abrir ningún tipo de facilidades".

"O que si esperamos é o vindeiro luns, en función da incidencia acumulada, do numero de novos positivos, do número reprodutor básico e da porcentaxe de positividad se podemos flexibilizar algo ou moito", subliñou.

ANUNCIOS

O máximo mandatario autonómico explicou que o Comité Clínico analiza "a evolución", "tendo en conta todos os factores", para tomar as decisións que "sexan oportunas" e "anuncialas xa desde ese día", en referencia ao luns. E é que, conforme lembrou, o martes vence o prazo das medidas activadas en xaneiro. Para iso, indicou que se terán en conta parámetros como a incidencia acumulada, a cifra de novos positivos, o número reprodutor básico e a porcentaxe de positividade para ver se se pode "flexibilizar algo ou moito".

"Temos que non fallar durante estes dous meses ata principios do mes de maio, porque nos xogamos moitas vidas", manifestou Feijóo, que considerou importante seguir sendo unha das comunidades con menor taxa de mortalidade desde o inicio da pandemia.

HOSTALARÍA

Preguntado sobre levantaranse as restricións na hostalaría, Feijóo asegurou que "é evidente" que este é o sector "con máis dificultades" para poder levantar algunhas medidas. "En todo caso, imos reunirnos co sector da hostalaría, imos escoitar ao comité clínico e imos tentar despexar algún escenario para próximas semanas", manifestou Feijóo, que incidiu en que a hostalaría é o sector "máis sensible" para tomar decisións desde o punto de vista de saúde pública en canto á súa apertura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta