A mesma manobra

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos últimos anos comezan a render froito, de forma que as melloras de rendemento triplican aos gastos» lembraba un dos dirixentes de ABANCA.

Por Álvaro Rodríguez | Santiago de Compostela | 17/02/2021

Comparte esta noticia

A outrora banca pública, agora en mans de capital internacional, vende a súa existencia e  usura como un éxito empresarial. É un exemplo da realidade  plutocrática do réxime de España. O sector Público está pasando a mans do gran capital internacional.

Sala de cinema. JCCM
Sala de cinema. JCCM

Hai uns anos foi o grupo público  INI: SEAT, CELULOSAS, IBERIA,  TELEFONICA ,  SIDERUGICAS,  ELECTRICAS, ARMAMENTOS, CAMPSA, etc.

Despois chegou a privatización  parcial doutros sectores como a sanidade. Todo iso, dentro da política de eliminación da industria de España,  hai 40 anos,  10ª potencia mundial industrial. A UE, antes CEE eliminou a agricultura,  os estaleiros e a pesca, e obrigou a eliminar a industria.
ABANCA é un exemplo de como o  gran capital manexa á clase política. A daniña  partitocracia está ao servizo do gran capital internacional. Así de triste e perigoso. Aos poucos, década tras década desde a implantación desta “ DEMOSGRACIAS” todo o publíco e rendible pasa a ser privado e igualmente rendible. Aínda que provocan antes unha pequena xustificación para vender ou regalar o publíco. E pasado o día, xa anuncian os beneficios. ¿Por qué a banca pública galega non podía seguir sendo publica?. A resposta é fácil: o plan era o plan, e executárono  á perfección.

Este repaso pola triste historia económica e do publíco é para lembrar que a manobra é sempre a mesma. Indícase que un sector non é rendible, para xustificar o seu pase á privada e a mans do gran capital internacional. E aos poucos días, xa volve ser un  negocio rendible. Pero xa non é publico, senón do gran capital internacional.

Pois ben, recentemente, e repítese    machaconamente,  todas as semanas,  en todos os diarios, revistas, televisións e demais medios de propaganda, que a UE, esixe  reformas ao sistema de pensións…e que o preparen xa… Nun medio de comunicación indicábase que: “O representante da Comisión en España, Francisco Fonseca, sostivo a semana pasada que a institución lle pediu ao Goberno español que, polo menos, fixase un calendario para as dúas reformas máis conflitivas: a das pensións e a laboral”. E insisten cada semana na mesma necesidade. Non sexamos inxenuos…branco e en botella…
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA