Protesta dos feirantes de toda Galicia: "están a deixarnos tirados na cuneta"

Piden que se lles exima do pago das taxas municipais durante o 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Feirantes de toda Galicia mobilizáronse este venres en Santiago de Compostela para denunciar que os alcaldes os deixan "tirados" ante a crise da covid e as restricións que lles impiden traballar en normalidade de condicións.

Unhas 250 furgonetas circularon desde Salgueiriños ata a sede da Fegamp, onde entregarán un escrito co que reclaman que se lles exima do pago das taxas municipais durante o ano 2021. Tamén solicitan axudas e critican a "discriminación" que sofren en relación con outros establecementos, polas limitacións en canto a postos, cando traballan ao aire libre.

"Están a deixarnos tirados na cuneta", asegurou un dos portavoces da plataforma de comercio ambulante de Galicia, Iago Vázquez, micrófono en man, antes de partir cara á federación galega de municipios e provincias, situada en Área Central.

Nun ambiente reivindicativo pero festivo, con música, cánticos e baile, os concentrados en Salgueiriños corearon consignas como 'queremos traballar!', 'a feira está en loita!' e que viva a feira!'. Despois de acudir ata a sede da Fegamp, a súa intención é desprazarse tamén ata o Valedor do Pobo, onde tamén farán entrega das súas reclamacións.

Protesta de feirantes en Santiago
Protesta de feirantes en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta