A crise da covid provocou un descenso dun 30% nas gasolinas en 2020

O consumo no medio rural foi maior que nas contornas urbanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

As estacións de servizo galegas venderon ao longo do ano pasado unha media do 30% menos con respecto ao ano anterior, por mor da caída do consumo polas restricións e peches derivados da covid-19.

Segundo os datos solicitados pola Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes), os establecementos da provincia da Coruña presentan unha caída media das súas vendas do 30%, con casos que chegan ao 50% dependendo da súa localización.

Na provincia de Pontevedra, pola súa banda, a situación é similar: as estacións de servizo do centro das cidades alcanzan unha caída do volume de vendas en torno ao 33%, mentres que nas zonas máis rurais a baixada está nun 20%.

Pola súa banda, na provincia de Lugo vendeuse unha media dun 25% menos nese período na capital e cidades máis grandes. Con todo, nas estacións situadas no medio rural a caída estímase nun 20%. Finalmente, en Ourense, as cifras da provincia tamén presentan unha baixada que oscila entre un 21 e un 26%.

Durante o primeiro confinamento, destaca Fegaes, algunhas estacións de servizo galegas situadas en zonas rurais chegaron a perder case o 90% das súas vendas.

Surtidor de gasolina e gasoil nunha gasolineira
Surtidor de gasolina e gasoil nunha gasolineira | Fonte: EP - carburante

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta