Un falecido nun accidente en Aranga tras colisionar un coche contra unha furgoneta

Foron mobilizados os Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis e Garda Civil de Tráfico, ademais de persoal sanitario, que confirmou que unha persoa resultou ferida de consideración e outra morta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A colisión dun coche e unha furgoneta rexistrada na tarde deste venres no municipio de Aranga saldouse cunha persoa falecida e outra ferida de consideración.

Así o confirmaron fontes do 112, que relataron que este sinistro tivo lugar sobre as 14,00 horas deste martes no quilómetro cinco da estrada que une Curtis e Montesalgueiro, ao seu paso por Aranga.

Por iso, foron mobilizados os Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis e Garda Civil de Tráfico, ademais de persoal sanitario, que confirmou que unha persoa resultou ferida de consideración e outra morta.

As mesmas fontes detallaron que a persoa falecida tivo que ser rescatada do vehículo no que viaxaba e ao lugar desprazouse, ademais, o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Unidade da Garda Civil de Tráfico
Unidade da Garda Civil de Tráfico | Fonte: Foro Policía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta