Comeza a vacinación das traballadoras do SAF en Verín

Este venres 12 de febreiro comezaron a recibir a vacina contra a Covid-19 no Hospital Comarcal do Verín. O servizo asistencial municipal conta actualmente con 46 traballadoras que atenden a 104 persoas.

Por X.M. Fernández | Verín | 13/02/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín comecen a vacinación é "unha gran noticia para todos os usuarios, usuarias e familiares, que se sentirán máis seguros nos seus domicilios, pero tamén para as nosas auxiliares", destacou Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior.

Vacinación SAF do Concello de Verín. Foto: Prensa do concello
Vacinación SAF do Concello de Verín. Foto: Prensa do concello

E engadiu "non debemos esquecer que, do mesmo xeito que moitos outros traballadores sociosanitarios, estas traballadoras atópanse en primeira liña de guerra, expoñéndose a diario a un posible contaxio por Covid-19". 

E nesta liña de traballo para acadar a protección ante o coronavirus, Rodríguez quixo recalcar tamén que desexa e confía en que "Consellería de Sanidade continúe nesta liña de vacinación co resto de persoal municipal: Policía local, protección civil, así como o resto de servizos municipais que teñen contacto directo coa cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta