Xunta e Concello buscan avanzar na candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

Celebrarán unha nova reunión técnica en marzo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/02/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O Goberno galego e o Concello de Ferrol celebrarán unha nova reunión técnica no mes de marzo para avanzar nos traballos para a candidatura da cidade a Patrimonio da Humanidade. O alcalde do municipio, Ángel Mato, reuniuse este venres de forma telemática co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, para analizar o estado do expediente do proxecto.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia co alcalde de Ferrol, Anxo Mato
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia co alcalde de Ferrol, Anxo Mato | Fonte: Xunta de Galicia.

Rodríguez incidiu en que o seu departamento comprometeu todo o apoio da administración para conseguir o máximo recoñecemento outorgado pola Unesco, neste caso para o proxecto 'Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial'.

Neste sentido, asegurou que a Xunta ten "a man tendida" á administración local e sinalou que o traballo coordinado "será decisivo" para lograr este recoñecemento.

Mato destacou, precisamente, a colaboración "nesta nova etapa" entre ambas as administracións, que teñen "que camiñar xuntas" para lograr este obxectivo.

Unha necesaria cooperación que fixo extensiva ao Goberno do Estado, "para seguir dando pasos e logrando que este expediente poida incorporarse o máis rápido posible a esas propostas de candidatura que desde España se poidan trasladar á Unesco".

"Analizamos o cronograma dos próximos pasos que temos que dar ao longo deste ano. Todos temos un punto de vista similar para levar facía adiante esta candidatura".

Pola súa banda, Eva Martínez, edil de Patrimonio Histórico de Ferrol, detallou que o mes de marzo celebrarase a primeira reunión técnica para avanzar no expediente e que a candidatura "pode chegar ao fin e chegar ademais a bo porto".

"É moi importante, que vén dar apoio e que será unha continuación da celebrada hai tres meses, para poder así ir avanzando con este expediente", resolveu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta