Novas denuncias na residencia de Celanova: persoal escaso, sen titulación e acceso de xente non autorizada

Esta residencia tivo que afrontar o pago dunha sacción que ascendía a 19.000 euros e está a espera dunha nova inspección que pode rematar nunha nova sanción.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/02/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A residencia Fundación Hospital San Carlos de Celanova, unha das primeiras de Galicia nas que golpeou a covid na primeira onda da pandemia, segue sendo unha das máis vulnerables a pesar das mortes e contaxios rexistrados nela. A día de hoxe só teñen contratada unha enfermeira a tempo completo e outra a tempo parcial para atender 60 prazas e ás instalacións segue accedento persoal non autorizado, mentres que os familiares non poden ver aos seus seres queridos.

Segundo documentación á que tivo acceso Galicia Confidencial, esta residencia xa foi multada con 19000€ por graves deficiencias que quedou en 11000€ por pronto pago. Nestes momentos, e tras novas denuncias, hai en curso outra nova inspección. Precisamente, nesta novo escrito remitido a Política social denúnciase que polas noites só quedan dúas auxiliares de enfermería que se adican case en exclusiva as labores de lavandería “desatendendo a atención aos anciáns” e mesmo que se contratou a xente sen formación específica, como un mozo que traballaba en cociña que o puxeron a facer tarefas de auxiliar de enfermaría. “Isto de persoal multitarefa é común nesta residencia, o cal resta profesionais a atención directa dos anciáns”, apuntan fontes consultadas.

Tamén apunta a carencias na atención durante as fins de semana pola redución de persoal en sábado e domingo e a falta de cobertura do servizo de enfermaría 24 horas, e mesmo a ausencia de persoa responsábel de coordinar as tarefas do persoal (directora ou encargada) en determinados días.

OUTRAS DEFICIENCIENCIAS

Entre as novas deficiencias detectadas está a reutilización de batas despois de ser lavadas, ausencia dunha zona de illamento para posíbeis casos dubidosos de infección por covid, timbres arrancados da parede e suxeitos con cinta, material en mal estado nos dispositivos de osíxeno ou pacientes con insuficiencias respiratorias atopados sen osíxeno ou cunha máscara por un familiar durante a visita.

No escrito de denuncia remitido á Política Social tamén se critica que despois de dez meses aínda non se estableceu un programa de vídeo-chamadas que garanta o contacto periódico de residentes e familias, así como as longas esperas que padecen os familiares. Ademais apunta a pacientes que presentan contusións, sen que a familia recibise explicación convincente dende a residencia ou a presenza nas instalacións de persoas alleas áo cadro de persoal. “Estas persoas, membros da dirección, non cumpren as normas de protección e tampouco gardan distancia social e tocan ás anciáns”, recolle o escrito.“Acceden á residencia membros do Padroado sen outra medida de protección que unha máscara”, critica.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios do Covid-19 durante as primeiras semanas da primeira onda
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios do Covid-19 durante as primeiras semanas da primeira onda | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 coelern0

Abandono TOTAL E todxs mirando para outro lado. Que vergonza