Desactivado un grupo criminal que estafaba ofrecendo traballos de asfaltado que logo non realizaban

Impútaselles un delito de pertenza a grupo criminal e outro de estafa por apropiarse de 5.600 euros dun gandeiro da comarca do Deza en concepto de adianto por un traballo de asfaltado que lle ofreceron a un prezo moi inferior ao mercado e que non levaron a cabo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2021 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A Garda Civil desactivou un grupo criminal dedicado a estafar a través do denominado método do asfalto, que consistía en ofrecer traballos de asfaltado de pistas polos que pedían un adianto e que nunca chegaban a realizar.

Tres persoas de nacionalidade irlandesa, ecuatoriana e romanesa foron arrestados no marco desta operación, bautizada 'Anglo'. Impútaselles un delito de pertenza a grupo criminal e outro de estafa por apropiarse de 5.600 euros dun gandeiro da comarca do Deza en concepto de adianto por un traballo de asfaltado que lle ofreceron a un prezo moi inferior ao mercado e que non levaron a cabo.

Segundo detalla nun comunicado o Instituto Armado, este grupo, ao que se relaciona con outras estafas similares nos últimos días noutras empresas de Santiago de Compostela, Teo, Mos, Porriño e Vigo; dedicábase ao "timo do asfalto".

Este tipo de estafa, explica a Garda Civil, consiste en que unha ou varias persoas con moi boa aparencia e de nacionalidade estranxeira ofrecen traballos de pavimentación por un prezo moi económico a empresas que poidan estar interesadas.

Os estafadores aseguran á vítima que se trata de sobrantes de obras ou estradas ou sosteñen que é unha partida de asfalto que está quente e que, se non se aproveita, é necesario tirar. Estas persoas trasládanse sempre en vehículos de alta gama, de aluguer ou con placas de matrículas estranxeiras. O traballo que ofrecen sempre está nun prezo moi por baixo do mercado e solicitan un pago anticipado antes da rúbrica dun contrato que nunca chegan a ultimar.

No caso rexistrado na comarca do Deza, un gandeiro presentou unha denuncia no posto da Garda Civil de Lalín na que aseguraba que dous estranxeiros, con acento inglés, propuxéralle realizar un asfaltado a un prezo moi baixo. Esta vítima entregou 5.600 euros como concepto de adianto, pero as obras interrompéronse ás dúas horas de empezar. Os traballadores fóronse do lugar de forma precipitada e sen acabar.

A investigación aberta pola Benemérita derivou na detención deste tres individuos, que foron localizados en Monforte. Impútaselles os delitos de estafa e pertenecia criminal. Deberán comparecer cando sexan requiridos ante o Xulgado de Instrución número 1 de Lalín, encargado do caso.

Instalacións dunha das vítimas dun grupo dedicado a estafar a persoas ás que ofrecían traballos de asfaltado. GARDA CIVIL
Instalacións dunha das vítimas dun grupo dedicado a estafar a persoas ás que ofrecían traballos de asfaltado. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta