(VÍDEO) "O acoso escolar non é unha cousa de nenos, é un problema social"

O presidente de Anpas Galegas, Fernanddo Lacaci, demanda ás Administracións "tempo e medios" para que o profesorado poida dedicar máis tempo a paliar estas condutas nocivas.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O acoso escolar é unha realidade presente no día a día de moitos nenos e nenas, pero tamén de moitos e moitas adolescentes que están buscando a súa propia identidade. As vítimas do chamado 'bullying' sofren os abusos e os ataques dos seus compañeiros ou mesmo de persoas máis maiores coa excusa de ser "diferentes".

A Copa Covap forma aos seus nenos participantes no acoso escolar para saber 'có. CEDIDA - Arquivo
A Copa Covap forma aos seus nenos participantes no acoso escolar para saber 'có. CEDIDA - Arquivo

Dende as Anpas Galegas defenden que as condutas de acoso escolar non son cousas de nenos, xa que teñen a súa orixe nunha "errónea formación social na que prima a falta de respecto cara os demais, así como unha incorrecta xestión das emocións".

Por isto, denuncian esta situación á que denominan como un "problema social" do que todos formamos parte, xa que como educadores nas escolas, como pais e nais e mesmo como parte da sociedade en xeral, podemos fomentar a correcta educación en valores que permitan o desenvolvemento persoal das próximas xeracións de adultos.

"O ACOSADOR É UN DESGRACIADO"

Pola súa banda, o presidente de Anpas Galegas, Fernando Lacaci reivindica o labor de educar na atención á diversidade, xa que defende que "todos somos diferentes e debemos respectar a todas as persoas sexan como sexan e pensen o que pensen", aludindo de forma aberta á máis profunda liberdade de ser.

Ademais, fai un chamamento a empatizar non só coa vítima que é obxecto de acoso, senón co acosador, ao que denomina como "unha persoa tremendamente desgraciada" que reproduce condutas dos adultos que o están a educar, polo que a culpa é da educación que recibe e non da súa propia natureza.

"OS CENTROS ESCOLARES NECESITAN TEMPO E MEDIOS"

Para combater este problema "social", Fernando Lacaci demanda ás Administracións "tempo e medios" para que o profesorado poida dedicar máis tempo a educar aos seus alumnos e alumnas en valores que potencien o seu desenvolvemento persoal e deixen de estudar "absurdeces todo o día", recalca. 

Como explica Lacaci, os centros escolares deben escoitar aos nenos e nenas e levar a cabo un tratamento exhaustivo dos problemas dos menores así como ter una comunicación constante coas familias co fin de darlles medios cos que poder traballar no ámbito familiar, e conseguir, entre todos, que o acoso escolar deixe de ser un problema todavía recurrente nas aulas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jaaaaachiko

Nin teño ningunha dúbida: temos aquilo polo que levamos tempo traballando. Para desfacelo tocará velo prexudicial e traballar noutra dirección