Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2021 | Actualizada ás 17:44
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta elevou a alerta por temporal costeiro ata o nivel laranxa no oeste da Coruña, onde se espera mar combinado con ondas de entre cinco e seis metros.
Nun comunicado, a Vicepresidencia Primeira da Xunta remítese a datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que indica que este fenómeno adverso deu comezo ás 12,00 do mediodía deste domingo e manterase ata a medianoite.
Ademais, a Aemet tamén avisa de ventos de forza 7 na mesma zona do oeste coruñés, mentres que o resto da costa galega estará en alerta de nivel amarelo por mar combinado, con ondas que puntualmente poderán alcanzar o cinco metros. Estes fenómenos manteranse ao longo da xornada do luns.
Así, o Goberno galego lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, de extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e de que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.