Galicia, entre as poucas comunidades que segue resistindo o avance de Vox

Xunto con Navarra, é a única CCAA sen un único cargo electo do partido ultra, que vén de medrar 11 escanos en Cataluña.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Aínda que o gran gañador da noite electoral Catalana foi o independentismo --ou o PSC, segundo a quen se lle pregunte-- as eleccións do 14F deixaron outro claro trunfo da banda da extrema dereita. O partido ultranacionalista Vox pasou de non ter presentación a se colocar como cuarta forza política con nada menos que 11 escanos; sendo así a primeira forza 'constitucionalista' do Parlament por detrás do PSC.

Ricardo Morado, cabeza de lista de Vox pola Coruña nas pasadas eleccións autonómicas.. VOX
Ricardo Morado, cabeza de lista de Vox pola Coruña nas pasadas eleccións autonómicas.. VOX

O sorpasso do partido de Abascal ao PP e Podemos --atrás queda tamén, cada vez máis afundido, Cs--  senta un precedente perigoso no marco da política estatal. Vox é, polo momento, terceira forza do Congreso dos Deputados; un paradigma que podería cambiar no caso de que o esborralle do PP en Catalunya se traslade tamén ao ámbito estatal.

O pronunciado ascenso do partido ultra nun territorio que, a priori, semellaba hostil abre moitos interrogantes sobre o futuro da formación na política estatal. Tralo golpe de efecto de Ignacio Garriga sobre o Parlament, tan só quedan tres CCAA sen representación de Vox na súa cámara: La Rioja, Navarra e Galicia; onde o partido de extrema dereita non conseguiu representación algunha na derradeira cita electoral.

A incógnita desta falta de representación da extrema dereita no Parlamento Galego encheu as redes sociais nas horas seguintes á finalización do reconto electoral catalán, que deixou, en fin, varios trunfadores nunha soa noite. Coa caída de Catalunya, redúcese o grupo das Comunidades Autónomas que exercen de dique de contención contra a extrema dereita. Galicia, ao igual que Navarra, non ten --polo momento-- un só cargo público de Vox. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Interesante o perfil de Ignacio Garriga (o mulato de Vox) https://es.wikipedia.org/wiki/Ignac... Dende Guinea Ecuatorial regresa un neto do colonialismo Español (?) Algo de Opus Dei e moito de valentía política (?) Haberá que ver a bronca que lle cae no Parlamento Catalán que non están pola labor de recoñecer aos fillos espúrios da República dos Soños (?)

1 Suspiros D'españa

Cheirame a min que o tal Garriga de Vox está más próximo ao teu Império Español, o imaxinario evidente de Gamela cando saía do armario. Todo un lince preparado que só errou en citar o orzamento da Generalitat nun 111% menos (27 millóns no lugar de 30.000 millóns, como ir con 15 euros a un concesionario e danche un coche a estrenar), por iso e polo racismo de sempre (non confundas valentía con miseria), lle votaron en masa os da España cañí que pastan polo leste da Iberia. Se queres enterarte das bondades do teu Imperio en Guinea goza lendo: https://www.publico.es/entrevistas/...

2 Gamela

Tódolos Gobernos dende 1979 miraron para outro lado no que atinxe á Ditadura Familiar de Teodoro Obiang Nguema https://es.wikipedia.org/wiki/Teodo...ña Mesmo poden sacar o título universitario dende Malabo vía UNED ! A ver se lemos o básico! O imperio colonial aínda está vivo para tódolos gobernos que pasaron por Moncloa (?) Eso sí, á agochadas (como fan eles as cousas) non si... meu querido botar a lingua a pacer !