A Xunta recoñece a fenda de xénero nas pensións galegas alegando "raíces históricas" pola sociedade "patriarcal"

O deputado do BNG Daniel Pérez replicou que a explicación de motivos históricos non pode ser suficiente para a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, sinalou que a brecha de xénero nas pensións galega afunde as súas razóns en "raíces históricas" debido ás características da "patriarcal" sociedade occidental.

Na comisión de economía do Parlamento, asegurou que esta desigualdade é unha "preocupación perentoria do Goberno galego", ante o que o deputado do BNG Daniel Pérez replicou que a explicación de motivos históricos non pode ser suficiente para a Xunta.

Pérez tamén a interrogou por propostas de modificación do sistema de pensións a nivel estatal e europeo, ao advertir de que suporían, de saír adiante, "precarización" do mercado laboral.

Respecto diso, López Abella sinalou que esas "non son competencias da comunidade autónoma" e aproveitou para criticar as "desavinzas" entre os socios de goberno no Executivo central, por PSOE e Podemos.

"As tensións internas están a xerar inseguridade entre os pensionistas", afirmou, ao que o nacionalista apuntou que o que "lle daría seguridade" aos pensionistas é un posicionamento do Goberno galego sobre este asunto.

Susana López Abella toma posesión como secretaria xeral de Igualdade. XUNTA
Susana López Abella toma posesión como secretaria xeral de Igualdade. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta