Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 11:38
O vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, remitiu ás palabras do titular do Goberno galego e líder dos populares na comunidade, Alberto Núñez Feijóo, ao afirmar, sobre os resultados do seu partido en Cataluña, que "as vitorias son de todos e as derrotas tamén".
A preguntas dos xornalistas este martes en Santiago, coincidindo coa visita a unha parcela onde se construirá un edificio para o instituto de medicina legal de Galicia, Rueda apuntou tamén ao comité executivo nacional que celebra esta xornada o Partido Popular.
"Aí vanse a analizar os resultados", lembrou, para apelar á valoración que salga dese encontro. En calquera caso, repetiu o que sinalou Feijóo acerca de que o PSOE obtivo "moi mal resultado" nos últimos comicios galegos "e non por iso todo o mundo entendeu que debía dimitir Pedro Sánchez".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.