Máis de 50 colectivos esixen a retirada da cruz falanxista de Celanova

Entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, atópanse os principais historiadores e investigadores de Galicia.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, ao que se suman máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, promove nun manifesto a eliminación do monumento fascista da cruz dos caídos levantada en 1939 por falanxistas no Outeiro da Obra, en Celanova.

Cruz falanxista de Celanova
Cruz falanxista de Celanova | Fonte: Comité da Memoria Histórica de Celanova

O Comité advirte que este símbolo é unha exaltación pública e visíbel do golpe de Estado de 1936 contra a legalidade republicana, a guerra e a represión política durante a ditadura franquista, e pedirá a súa retirada polo Concello de Celanova, que é o órgano competente que sinala a Lei estatal de Memoria Histórica.

O manifesto, que se fai público este martes 16 de febreiro -coincidindo coa data das últimas eleccións da Segunda República-, está apoiado pola totalidade das entidades de memoria histórica da Galiza así como por outros colectivos que traballan neste ámbito, e inclúe asociacións de Asturias, Castela e León, Madrid e Euskadi.

ASINANTES DO MANIFESTO

Entre os asinantes do manifestos figuran 2 ex presidentes da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero, os fillos de figuras destacadas do republicanismo e o galeguismo na República e na posguerra, como Francisco Xabier e Luis, fillos de Celso Emilio Ferreiro; Víctor, fillo de Pepe Velo; e Luís Soto, fillo de Luís Soto, que acompañou a Castelao na xira diplomática en defensa da República durante a guerra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

A simbiose fascismo- eireja católica é consubstancial a essa organizaçom terrorista esotérica. Sem o terror sobre as povoaçons a monarquia sacerdotal nom existiria. Financiárom e sustentárom ideologicamente ao regímen clerical-fascista do franquismo; fôrom parte consubstancial nos golpes de Estado de Chile, Argentina, Brasil, etc… e com a política de tortura e desapariçons de activista políticos y sequestro de bebes. Nom sei que mais fai falha para que a ONU declare a esta “mafia” perigo para a humanidade. E sem falar da inquisicióm e demais guerras santas