O BNG presenta unha proposición de lei para alcanzar unha igualdade "real" no ámbito da ciencia

Busca introducir mecanismos correctores para evitar que o goce de permisos de maternidade penalice a carreira investigadora

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou unha proposición de lei no Parlamento de Galicia para alcanzar unha igualdade "real". Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, explicou que o obxectivo desta iniciativa pasa por erradicar a desigualdade, "unha realidade que sofren as mulleres" que buscan centrar a súa traxectoria profesional neste ámbito, no que a discriminación vixente "obrígaas a elixir entre ser nais ou científicas".

Para iso, a líder da formación nacionalista incidiu na necesidade de "camiñar cara á corresponsabilidade" e eliminar as "barreiras" ás que se enfrontan as mulleres na súa carreira investigadora.

Neste sentido, detallou que a proposición de lei busca introducir medidas que "garantan a igualdade de xénero" no acceso ás convocatorias públicas de investigación nas universidades galegas, os organismos públicos investigadores e outras entidades do sistema de I+D+i da comunidade. Así, sinalou que se busca evitar situacións de discriminación, ademais da vulneración de dereitos de igualdade de trato e de oportunidades.

Ademais, persegue a incorporación da perspectiva de xénero na universidade e a investigación co obxectivo de facer efectiva a igualdade entre mulleres e homes. "Trátase de sentar as bases para terminar cunha situación de facto obriga ás mulleres a escoller entre ser científicas e ser nais", remarcou Pontón, quen incidiu en que este escenario causa unha "discriminación" e unha "perda de talento".

Investigadora do centro tecnolóxico AIMEN, situado no Porriño (Pontevedra).. AIMEN - Arquivo
Investigadora do centro tecnolóxico AIMEN, situado no Porriño (Pontevedra).. AIMEN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta