(Vídeo) O sector cultural de Santiago segue adiante a pesar da pandemia

A cidade pecha unha campaña de tres meses para dinamizar o sector cultural compostelán con resultados "moi satisfactorios", apuntan dende a empresa produtora.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A piques de cumprir un ano de pandemia --ou, quizais mellor, de restricións provocadas pola pandemia-- quedou xa claro que o sector cultural foi un dos máis afectados dende unha perspectiva económica. Galicia Confidencial xa analizou en reiteradas ocasións, da man dos respresentantes dos distintos eidos creativos, como a inestabilidade económica dos pasados meses e as restricións á mobilidade tinxen de negro o futuro deste sector.

Fotograma dun dos vídeos publicados baixo a campaña de Compostela Somos Cultura
Fotograma dun dos vídeos publicados baixo a campaña de Compostela Somos Cultura | Fonte: CSC

Para tentar relanzar o consumo cultural e que o sector non caera, o Concello de Compostela lanzou no pasado mes de decembro a campaña 'Compostela Somos Cultura'. Desenvolta nas redes sociais --como mandan as circunstancias sanitarias--, o obxectivo da campaña pasou por destacar que o consumo de arte e cultura continuaba malia a situación pandémica. Por iso, a área de cultura do Concello impulsou a publicación en redes de vídeos con pequenas actuacións culturais.

A campaña achégase agora á súa fin logo de tres meses, un limiar que serve á empresa responsable da campaña --Mada Producións-- para valorar moi positivamente o rendemento final da iniciativa. Segundo apuntan dende o empresa, máis de 1.500 persoas seguiron as diversas redes sociais da campaña, que chegou a contar con preto de 600 participantes nos diferentes sorteos que se celebraron durante a mesma. En conxunto, e con arredor de 6.000 visualizacións dos vídeos lanzados, a produtora celebra a acollida “excepcional”  dos internautas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta