Alerta en Cambre tras superar o río Mero os limiares establecidos ao seu paso polo concello

Continua a vixilancia sobre os ríos en todas as concas galegas que, a consecuencia da situación meteorolóxica, "poden experimentar aumentos considerables dos seus caudais e provocar avenidas puntuais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Os sistemas de control e observación de Augas de Galicia indican que o Río Mero superou os limiares establecidos ao seu paso pola Telva, no municipio coruñés de Cambre, polo que se atopa baixo observación.

Así o informou o 112, que explicou que debido a esta situación, a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal ante a posibilidade de que, como no Mero, poidan producirse desbordamentos.

Deste xeito, continua a vixilancia sobre os ríos en todas as concas galegas que, a consecuencia da situación meteorolóxica, "poden experimentar aumentos considerables dos seus caudais e provocar avenidas puntuais", avisa o 112. Actualmente, obsérvase o Río Mero, na Telva, pois xa superou os seus limiares e pode desbordarse.

Co fin de adoptar as medidas de protección necesarias, o persoal do 112 Galicia informou aos servizos de emerxencias da zona.

Concello de Cambre
Concello de Cambre | Fonte: flickr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta