Os viaxeiro que veñan de Brasil e Sudáfrica terán que pasar unha corentena obrigatoria

O Goberno central tenta evitar así a propagación das variantes brasileira e sudafricana do virus.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/02/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A titular de Sanidade, Carolina Darias, asinou este mércores unha orde ministerial na cal se establece a corentena obrigatoria para os pasaxeiros dos voos procedentes de Brasil e Sudáfrica para evitar a propagación das variantes que se produciron nestes países.

Segundo informou a propia Darias na rolda de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, esta corentena é complementaria ás medidas que xa se estaban tomando cos voos procedentes destes dous países.

Interior da terminal T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas. Jesús Hellín - Europa Press
Interior da terminal T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas. Jesús Hellín - Europa Press

Así, os pasaxeiros que cheguen a calquera aeroporto do territorio español desde Brasil ou Sudáfrica vía aérea terán que gardar unha corentena obrigatoria durante dez días seguintes á súa chegada, ou sete no caso de que se presentou unha proba diagnóstica con resultado negativo e realizada nas 72 horas previas ao voo.

Por tanto, estes pasaxeiros deberán permanecer nos seus domicilios limitando os seus desprazamentos e o acceso con terceiras persoas. Segundo explicou Darias, esta orde ministerial será enviada á Audiencia Nacional para a súa ratificación, ten un réxime sancionador no caso do seu incumprimento e farase un seguimento por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta