Gonzalo Caballero ve necesario fortalecer a sanidade ademais de ofrecer unha vacinación "garantista" contra a COVID

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que visitou a localidade de Burela na Mariña lucense, tamén pediu a Goberno e Xunta que manteñan toda a “presión” para lograr un acordo que permita manter Alcoa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou á Xunta de Galicia a fortalecer a sanidade pública e a garantir un proceso de vacinación da covid-19 "limpo e garantista", no que non se produzan "irregularidades".

Nunha visita a Burela na que estivo acompañado polo alcalde, Alfredo Llano, Gonzalo Caballero subliñou a importancia de "fortalecer o sistema sanitario público". "A sanidade pública é a nosa garantía para defendernos fronte aos efectos do virus e as vacinas son a garantía para prever os efectos", sostivo.

Neste sentido, referiuse aos "recortes que houbo en Galicia ao longo dos anos de gobernos do PP" e incidiu na necesidade de recuperar a área sanitaria propia para A Mariña. "Non podemos seguir vendo como se retrocede en centros de saúde e como o hospital perde servizos", asegurou Gonzalo Caballero nunha intervención na que pediu "un gran pacto" para recuperar a área sanitaria da Mariña.

O PSdeG pide a Goberno e Xunta 'manter toda a presión' para lograr un acordo que manteña o emprego en Alcoa. PSDEG
O PSdeG pide a Goberno e Xunta 'manter toda a presión' para lograr un acordo que manteña o emprego en Alcoa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Na visita, o dirixente socialista tamén acusou á Xunta de "mirar para outro lado" á hora de "explicar as irregularidades" rexistradas no proceso de vacinación, no que, como apuntou, se inmunizaron persoas ás que non lle tocaba como a "alcaldesa de Boimorto" ou "a conselleira delegada de DomusVi".

"É necesario que se garanta un proceso transparente, eficiente e rigoroso, que ninguén vaia por diante do que lle corresponde e que a Xunta sexa unha garantía para todos", sostivo nunha intervención na que destacou que a Unión Europea garante que "nesta crise as vacinas vanse a distribuír en función da vulnerabilidade das persoas e non en función de se teñen moito diñeiro".

CRÍTICAS ÁS AXUDAS DA XUNTA

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este xoves que as axudas da Xunta de Galicia para os sectores afectados polas restricións derivadas da pandemia da covid-19 chegan "tarde, mal e arrastro".

Na súa intervención, o xefe de filas do PSdeG criticou a lentitude do Goberno galego á hora de liberar fondos para os sectores pechados pola situación sanitaria e reclamou que na mesma publicación do Diario Oficial de Galicia na que se activen as restrición se inclúan as axudas económicas.

Así mesmo, lembrou que a Xunta recibiu o ano pasado 224 millóns de euros para compensar a estes sectores, ademais de máis de 1.100 millóns extraordinarios para reforzar os orzamentos de 2021.

Con todo, censurou que estas contías non chegaron aínda aos comercios hostaleiros ou instalacións obrigadas a pechar desde o pasado 26 de xaneiro tras a estratexia "equivocada" do presidente da Xunta de "salvar o nadal".

Así, sinalou que os miles de negocios afectados polo peche desde hai semanas e que terán que seguir pechados tiveron que aguantar todo o que vai de ano "sen o segundo paquete de medidas do a Xunta" e esperar ata este xoves a ver a súa publicación no DOG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta