Revogada en Ourense a única multa do confinamento que foi xudicializada na provincia

A xuíza desestimou a sanción considerando que o precepto normativo non se aplicou correctamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O 4 de abril do 2020, unha veciña de Ourense foi interceptada en Viana polo Seprona paseando co seu can e, por iso, proposta para sanción cunha multa de 601 euros por desobediencia, ao non respectar a limitación de movementos imposta no estado de alarma. A sanción, no entanto, foi recorrida, e a xustiza deulle a razón á muller e revogou a multa.

O Contencioso Administrativo número 1 de Ourense foi o órgano que anulou esta sanción, obrigando á Administración a devolverlle á muller o diñeiro xa abonado, 300 euros entregados ao aceptar o pronto pago, así como a pagar os honorarios do avogado que presentou o recurso.

O procedemento foi iniciado pola Subdelegación do Goberno contra a muller por non respectar a estrita limitación de movementos que estaba vixente no primeiro estado de alarma, durante o confinamento domiciliario. No entanto, a xuíza desestimou a sanción considerando que o precepto normativo non se aplicou correctamente.

En particular, a maxistrada considera que o Estado de Alarma "non regula un sistema sancionador por incumprimento, senón unha remisión xenérica ás leis". Con iso, estima, non se considera automaticamente como infracción de desobediencia grave o incumprimento da limitación de movemento, se non que para iso fai falta que o particular "non obedeza se é requirido por un axente da autoridade", algo que neste caso non sucedeu. Con iso, a xuíza deu a razón á veciña e revogou a única multa que se chegou a xudicializarse durante o confinamento de 2020 en Ourense.

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta