Cedeira dálle gratis un albergue a Organización Juvenil Española

Cédenlle a xestión por 10 anos para que esta entidade, que naceu dentro das estruturas do Franquismo, "aproveite" as instalacións poñendo o prezo que estime oportuno. O rexedor chegou ao cargo en 1973 e no 1977 tivo que lidiar cunha forte polémica por inaugurar unha estatua en homenaxe a Franco.

Por Galicia Confidencial | Cedeira | 12/08/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Leopoldo Rubido Ramonde, o alcalde popular de Cedeira, acaba de concederlle por cero euros a xestión e explotación económica do albergue municipal "Os pinos" á Organización Juvenil Española (OJE), unha entidade creada no Franquismo e amparada pola Falange.

Segundo o prego de condicións aprobado polo concello, o obxecto da concesión é a utilización e aproveitamento dos citados bens para actividades culturais-deportivas e educación medio ambiental. O prazo da concesión será de 10 anos dende a sinatura do contrato administrativo e os únicos cartos que teñen que poñer desde esta asociación son 6.656,91 euros en concepto de fianza que serán devoltos unha vez rematada a concesión.

Establecerá as tarifas

Segundo os pregos aprobados, OJE "obstentará as facultades inherentes ao obxecto da presente concesión", e conservará adecuadamente as instalacións, reparando e repoñendo cando fose nencesario polo seu deterioro, así como manter informado ao Concello das actividades que leve a cabo. Isto inclúe, que poida explotar económicamente este edificio "mediante as tarifas que o concesionario estableza e que deberá comunicar ao Concello".

Os únicos gastos para OJE serán aqueles derivados dos subministros de auga, luz, lixo e IBI e demáis gastos e tributos que se deriven da concesión administrativa, debendo suscribir unha póliza de seguro que cubra o propio inmoble e as actividades programadas pola mesma. O único que gaña o concello con esta cesión voluntaria son "todas as melloras producidas ao remate do prazo da concesión administrativa".

Esta concesión administrativa inclúe o inmoble e fincas anexas e foi aprobada por que "concorren circunstancias excepcionais debidamente acreditadas na documentación" --das que o concello non dá conta--, para a súa aprobación. A decisión foi adoptada co voto favorable dos sete edís populares e a negativa dos dous do PSdeG e dous do BNG.

A OJE, nacida no Franquismo

A OJE é unha organización que naceu en pleno Franquismo, nos anos 60, como unha dependencia da Delegación Nacional da Fronte de Mocidades e, polo tanto, da Secretaría Xeral do Movemento, e cando o Réxime iniciaba un lavado de imaxe en Europa. Non é ata 1978 cando esta organización se puxo ao día no legal e declarouse "Organización nacional democrática apolítica". En 1981 foi declarada Entidade de Utilidade Pública e con ese recoñecemento mantense nos nosos días.

Na actualidade a OJE céntrase na educación non formal dos nenos, novos e adolescentes, para o que conta co seu propio sistema formativo. A OJE é membro fundador do Consello da Mocidade de España. O seu lema é "Vale Quen Serve", o seu emblema é unha cruz en cuxo centro figura, en ouro, un león rampante coroado e o seu patrón é Fernando III o Santo, Rei de León e Castela.

Un alcalde da época Franquista

Esta concesión foi rubicada por Leopoldo Rubido Ramonde --irmán do director do xornal conservador ABC, Bieito Rubido--, quen asumiu a alcaldía de Cedeira en 1973, cando o réxime franquista aínda gobernaba España, e ostentou o bastón de mando durante trinta anos. Tivo que deixar a alcaldía no 2007, pero volveu a gañar por maioría absoluta nas pasadas eleccións municipalis.

En 1977 tivo que sortear unha gran polémica cando decidiu construír un monólito na honra de Franco. A decisión tivo unha forte contestación de parte dos veciños, pero finalmente foi inaugurado o 14 de maio por Gonzalo Fernández de la Mora.

Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira
Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 seguros mutuos

¿E a quen lle importa en Cedeira o que se poida ornear sobre esto? ¿Vai ter menos votos este alcalde ou o de Baralla polo que se poida dicir de xeito excesivo sobre o franquismo? Cada vez me convenzo mais de que o antifranquismo é unha mostra de impotencia ou un dime de que presumes. Por unha banda están os do PSOE, que son tan de dereitas como os do PP, pero van de esquerdistas por ser antifranquistas. Pola outra, van BNG, IU, etc., que quererían ser de esquerdas, pero viven mellor no sistema, con políticos profesionais, con sindicatos subvencionados polo réxime, etc. E tamén van de antifranquistas porque en realidade, os feitos amosan que so son esquerdistas teóricos pero na práctica son tan de dereitas e do sistema como os demais.

1 TrincalleTrosma

Cacao maravilhão! E depois está o senhor Seguro que é limpo e inmaculado. En serio: a agrupación folklórica máis subvencionada é a CEOE, se os sindicatos están en crise é xq sobra a xente coma vd. que lareta muito pero de trabalhar para mudar as coisas...chau! Se o senhor foi assalariado algunha vez, debería saber que os poucos dereitos que había negociabánse cos sindicatos pero atinxían a todos os traballadores, afiliados ou non. En Seuecia se non estás afiliado, non levas nada. Aquí o que éSISTÉMICO é pensar que as cousas "dánas": A democracia dounola o rei, as subvencións a miña rede clientelar e así, e non doutro xeito, sobreviven estes elementos facciosos. Por xente coma vostede, que só sabe queixarse cunha enmenda "a la totalidad", falando de "esquerda" coma se soubese o que significa...

2 seguros mutuos

Soame ao Pedriño, que é o mais antisistema do mundo mundial, ou o Filipe, que tamén vai á crebasistema, pero viven a todo tren do aparato estatal. Obras son amores...

4 anonimo

Seguro que los chavales son más limpios que los de Galiza Nova

1 Cazapantasmas

Se as xoventudes franquistas son tan limpas coma tes ti a boca de limpa...pois apaga e imonos. Ilegalización do PP por terrorista e corrupto XA!!!!

2 anonimo

A mi no me gustaba la OJE, pero por lo menos estos no apoyan a terroristas como otras juventudes...

3 cadanseu

As xoventudes franquistas asasinaron a Yolanda González nos anos oitenta e apoiaban golpes de Estado. Non o sabes anónimo?.

4 OJE-te

Limpíssimos. Os fachas e os curas nom estám dispostos a usar qualquer OJE-te..

3 TrincalleTrosma

Rubido... Cedeira... Rubido... Ah! Xa caio. Este señor franquista será parente da mastermind tralas portadazas do ABC, Bieito Rubido from Cedeira, chico. Así a todo, o sr Bieito coma xornalista masa vivos a todo o "grupito" sabonita. Haise que goder! :D. Ná, o de sempre, os cedeiráns que panden...se é o que lles presta.

2 Vilamorta

E o alcalde do Carbaliño, tamén do Partido Popular, e de acreditado apelido direitista, Marnotes, permite que, nun evento festivo organizado polo concello que preside, como é a Festa do Pulpo, se admitan chiringuitos onde mulleres, contratadas por algún empresario como gogós para exercer de efecto flautista de Hamelin, bailan con escasa roupa nunha plataforma nunha das barras instaladas ao aire libre no recinto da festa. Ou que non faga cumprir a lei a súa policía municipal para evitar que nenos menores de 10 anos percorran as rúas da vila do Arenteiro, tocando o acordeón e pedindo esmola. Marnotes debe saber, aínda que sexa do PP, que o século XXI xa está aquí.

1 galegoexiliado

El Caudillo estaría muy orgulloso de saberlo. Que gratos recuerdos de mi juventud en Galicia, el fuego de campamento, el compañerismo, el amor a la patria, la oración por los caidos, el caralsol, los discursos de joseantonio y el caudillo... Como dice el himno de Expaña "...en España empieza a amanecer". Tendré que llevar a mis nietos a Galicia y a Cedeira del Caudillo. Perdoen pero esta nova so se pode comentar en la lengua del imperio. Pasan os anos mais Galiza non muda.

1 Mastro

Totalmente certo, en Galicia hai moitos que non son nostálxicos do franquisto, son franquismo puro e duro. Estes alcaldes do PP que tanto defenden os asasinados durante catro décadas de franquismo. siguen na súa liña. Os cidadáns galegos das vilas vótanos como bos pesebreiros, todo para maior gloria dos fachas mesetarios e autóctonos. Mirade Ourense, mil enchufados e a provincia en decadencia continuada. É o carácter manso de moitos galegos que lles gusta que lles chova quentiño ainda que sexa mexo dos franquistas. Que lles aprobeite!

2 José Castro

Por favor: CEDERA!, ¿que es eso de Cedeira?, usted es un separatista disfrazado.

3 anonimo1

....pero CEDERA....o....C.E.D.A