Alerta laranxa por vento en toda a costa galega

Emerxencia ampliou tamén a alerta á costa de Lugo. Educación suspende este venres as actividades no exterior dos centros afectados pola alerta laranxa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ampliou a alerta laranxa por vento na Mariña luguesa, que se suma ás provincias da Coruña e Pontevedra, que tamén teñen activada unha alerta laranxa por temporal costeiro.

Segundo informa a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que se espera vento do sur e do suroeste que pode alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectarán á Mariña lucense e ás provincias da Coruña e Pontevedra a partir deste mediodía.

A Aemet alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra. Espérase vento do sur de forza 8, que no oeste da Coruña pode alcanzar forza 9, ademais de mar combinado do oeste e do suroeste con ondas de entre cinco e seis metros, que temporalmente poden aumentar a sete metros.

Por iso, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica da totalidade do oeste e suroeste da Coruña a partir das 12,00 horas, e de toda a provincia de Pontevedra, A Mariña lucense e a montaña de Ourense desde as 18,00 horas, por unha alerta laranxa por refachos de vento superiores ao 100 km/h.

A Xunta lembra á poboación a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta