A Xunta e empresarios colaborarán para impulsar unha maior oferta de FP

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) van intensificar a súa colaboración co obxectivo de mellorar os ensinos de Formación Profesional e ofrecer unha oferta "innovadora" e "conectada" ás necesidades empresariais".

Segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a necesidade dunha mellor planificación e adaptación dos ciclos formativos á demanda dos sectores produtivos de Galicia foi abordada nunha reunión entre o seu titular, Román Rodríguez, e o novo presidente da CEG, Juan Vieites.

Ambos, sinala, "coincidiron na importancia de colaborar na aposta por unha Formación Profesional de calidade, innovadora, conectada co territorio e en consonancia coas necesidades do tecido empresarial, o que facilitará a inserción laboral dos estudantes".

Respecto diso, o conselleiro considerou fundamental "contar coa implicación do empresariado galego, como xa o leva facendo con proxectos que están a resultar de gran valor como é o caso da implantación da FP Dual, unha modalidade formativa que non sería posible se non fora polo compromiso das empresas, desde pemes ata multinacionais".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez,, reúnese co novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites. CONCHI PAZ
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez,, reúnese co novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta