Oito millóns de euros para mellorar as vías provinciais da Deputación da Coruña

O programa está destinado a mellorar as condicións de circulación para aumentar a seguridade viarias e reducir a sinistralidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/02/2021 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña investirá este ano case oito millóns de euros no Plan de Conservación de Vías Provinciais, segundo informa. O plan foi aprobado na Comisión de Vías e Obras e será ratificado polo pleno provincial do próximo día 26 de febreiro.

"O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación", explica a institución provincial.

Ademais, engade que todas estas actuacións están destinadas "a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia", explica o deputado titular da área de Vías Provinciais, José Manuel Pequeno.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe (55%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (20,5%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 8% dos investimentos e a instalación de defensas viais ou obras de drenaxe, un 6% cada unha, respectivamente.

Uso de glisofato nas estradas galegas.
Uso de glisofato nas estradas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta