A crise sanitaria provocou que o gasto dos galegos nas rebaixas de inverno caera un 23%

Segundo o observatorio Cetelem, o auxe das compras por Internet entre os galegos durante as rebaixas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O gasto medio dos galegos nas rebaixas de inverno foi de 204 euros, o que supón un 23% menos que o ano anterior e tamén un 10% menos que a media dos españois, segundo o Observatorio Cetelem Estacional.

Segundo este estudo, a partir de mil enquisas en liña realizadas entre maiores de 18 anos no ámbito nacional e comunidades autónomas, o 88% dos consumidores consultados afirma gastar menos no período de rebaixas como consecuencia da crise sanitaria.

O estudo do Observatorio Cetelem apunta que descenden as porcentaxes de compradores en todas as categorías analizadas respecto ao ano anterior -calzado e complementos (43% por 51%); téxtil e calzado deportes (20% fronte ao 52%); perfumes (12% fronte a 29%), e libros (14% por 26% en 2020)- excepto a roupa, que medra cinco puntos (75%, fronte ao 70% do ano pasado). 

Así mesmo, o Observatorio Cetelem Estacional confirma o auxe das compras por internet, xa que sete de cada dez consumidores de Galicia que compraron en período de rebaixas realizaron máis adquisicións en liña que na tenda física.

Arquivo - Unha persoa pasa por diante dun establecemento as rebaixas de inverno. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha persoa pasa por diante dun establecemento as rebaixas de inverno. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta