Feijóo anuncia a apertura de "boa parte" dos bares e restaurantes para a semana

Di que "35 profesionais con número de colexiado" son os que aproban as medidas da desescalada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que a próxima semana "boa parte" de Galicia poderá reabrir a hostalaría, que leva pechada desde o pasado 27 de xaneiro como parte das medidas para combater a pandemia da covid-19.

Iso si, matizou que o comité clínico, que asesora ao seu goberno durante a crise sanitaria, determinará "con que intensidade e con que horario".

Nunha entrevista concedida este venres na Cadea Cope, recollida por Europa Press, o mandatario galego reivindicou o labor deste comité con 35 profesionais "con número de colexiado" e recalcou que durante unha pandemia as opinións sanitarias son as "prioritarias".

Neste contexto, Feijóo confirmou que os datos epidemiolóxicos de Galicia "estan indo ben" e, posteriormente, asegurou: "Eu creo que o luns, que nos imos a reunir, boa parte de Galicia empezará a abrir a súa hostalaría".

Todo o territorio galego leva desde o 27 de xaneiro en restricións máximas e, aínda que o comercio volveu esta semana ao seu horario habitual e o sector cultural puido retomar a súa actividade, os bares, restaurantes e ximnasios seguen pechados, todos os municipios continúan perimetrados e as reunións están aínda limitadas a persoas convivientes.

Así, aínda que o pasado luns Feijóo avanzou que o comité clínico da próxima semana avaliaría estas mesmas restricións, este venres xa deslizou unha probable reapertura da hostalaría.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Christian

E para cando retirar os confinamentos perimetrais? Prohibir cambiar de concello non aporta nada se cando te moves o fas ben con mascarilla, distancia e hidroxel, e sen embargo, no interior dun bar sen mascarilla no teu propio concello si que podes contaxiarte... Máis caña a quen o fai mal e máis liberdade a quen o fai ben, estou xa canso de pagar a tontería doutros cun ano case sen saír da casa

1 chiang kai chek

O bo é que canto antes abran antes volverán pechar. Así para semana santa estarán pechados e non poderán abrevar os mandrileños.