Detidas cinco persoas, tres delas na Coruña, pola venda ilícita de televisión de pago por Internet

A Policía estima que os arrestados poden obter "unhas ganancias ilícitas dun millón de euros anuais"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional desarticularon unha organización dedicada supostamente á venda ilícita de televisión de pago por Internet, que se saldou con tres detidos na Coruña, un en Barcelona e outro en Madrid.

Segundo informou a Policía Nacional, ademais do cinco detencións, leváronse a cabo tres rexistros nos que se interviñeron 10 decodificadores, sete teléfonos móbiles de alta gama, dous computadores, dous tabletas, 28 critpodivisas Ethereum e 1.250 euros en efectivo. A Policía estima que os arrestados poden obter "unhas ganancias ilícitas de ao redor dun millón de euros anuais".

A investigación iniciouse a principios de 2020 cando os axentes recibiron unha denuncia que puña en coñecemento a comercialización ilícita dese tipo de contidos. Unha vez recibida a denuncia realizáronse as xestións para identificar as persoas implicadas e, tras analizar o fluxo de pagos que existía entre os distintos investigados, os axentes puideron constatar que un deles era o principal elemento da organización criminal.

Efectos intervidos nunha operación con tres detidos na Coruña dunha organización dedicada á venda ilícita de televisiçon de pago por Internet.. POLICÍA NACIONAL
Efectos intervidos nunha operación con tres detidos na Coruña dunha organización dedicada á venda ilícita de televisiçon de pago por Internet.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta