O PPdeG quere que BNG e PSdeG condenen a violencia nas protestas polo rapeiro Hasél

Espera que o PSdeG se desentenda de Podemos e o BNG de Bildu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou que a súa formación proporá no próximo pleno da Cámara galega a BNG e PSdeG aprobar unha declaración institucional en rexeitamento da violencia e de condena dos acontecementos violentos ocorridos nas protestas polo encarceramento do rapero Pablo Hasél.

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres na Cámara galega, Tellado asegurou esperar que esta "declaración tan sinxela" sexa apoiada por BNG e PSdeG. "Non entenderiamos o contrario", manifestou.

O secretario xeral do PPdeG asegurou "non dubidar" dos "valores democráticos de ningún partido da oposición" pero considerou necesario saber se o PSdeG "é capaz de defender os seus propios principios fronte aos seus socios de goberno de Madrid" --en referencia a Podemos-- e se o BNG "só comparte con Bildu escenarios en mitins ou tamén que as ideas se defenden a pedradas contra os escaparates ou con violencia".

"Chegou o momento de retratarse e farémolo no pleno da próxima semana", sostivo Tellado, que considerou que "aqueles que pediron medidas máis duras de restrición" non poden amparar agora "este tipo de protestas que atacan á democracia" e tamén "pon en risco a saúde".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta