O PPdeG insiste que o Goberno aplica criterios "partidistas" na "repartición" das vacinas

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou que os avances da Xunta de Galicia "estean máis atrasados" porque o Goberno de Sánchez "está a dar a Galicia pouco máis da metade das doses que lle corresponde".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, volveu a pedir ao Goberno do Estado unha "repartición máis xusta" das vacinas contra a covid-19 que atenda a criterios obxectivos como a poboación diana e non a consideracións "ideolóxicas ou partidistas".

Nunha roda ofrecida este venres, o número dous dos populares galegos defendeu unha repartición que teña en conta a cantidade de vacinas necesarias en cada territorio por cada fase e non criterios partidistas do propio Executivo.

Así, lamentou que os avances da Xunta de Galicia "estean máis atrasados" porque o Goberno de Sánchez "está a dar a Galicia pouco máis da metade das doses que lle corresponde.

En concreto, asegurou que a penas recibe un "5%" cando atendendo a criterios poboacionais debería recibir o 8,2%.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta