O alcalde de Santiago prevé unha desescalada "lenta pero significativa"

"Non podemos dar un paso adiante e dous atrás", di Bugallo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/02/2021 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou este venres a súa "satisfacción" polos últimos datos sobre a covid-19 na capital galega -cunha incidencia por baixo dos 250 casos a 14 días- e prevé unha desescalada "lenta pero significativa".

Antón Lago, propietario do Bar A Gramola, coloca un cadaleito na barra pechada do seu local o mesmo día de entrada en vigor de novas restricións debido á crise sanitaria do Covid-19, en Santiago de Compostela, a 27 de xaneiro de 2021
Antón Lago, propietario do Bar A Gramola, coloca un cadaleito na barra pechada do seu local o mesmo día de entrada en vigor de novas restricións debido á crise sanitaria do Covid-19, en Santiago de Compostela, a 27 de xaneiro de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

"Estamos por baixo dos 250 casos de incidencia acumulada, onte había 233 contaxiados por cada 100.000 habitantes. Agora mesmo temos unha terceira parte dos contaxios que tiñamos o 27 de xaneiro", explicou o rexedor, que recalcou o "esforzo enorme" que fixeron os veciños, "pechados perimetralmente desde o 15 de decembro".

Respecto da futura desescalada, Bugallo incidiu na necesidade de dar "pasos seguros". "Non nos vai servir de nada dar un paso adiante e dous atrás. A nosa primeira preocupación ten que ser a saúde dos veciños", declarou o alcalde, ao que engadiu que "segue sendo necesaria unha redución aínda moi significativa nos contaxios".

"A todos gustaríanos que para Semana Santa a situación sexa segura, pero, como se viu en Nadal, todo pode cambiar moi rápido. A apertura debe ser prudente", explicou Bugallo sobre un posible alivio nas restricións que afectaría á hostalaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta