O 'Festival Internacional de Xardíns de Allariz' en marcha e coa poesía como protagonista

O vindeiro mes de maio, se todo segue o seu curso e a Covid19 non o impide, está prevista a inauguración da XI edición deste orixinal certame.

Por X.M. Fernández | Allariz | 20/02/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Os operarios municipais do Concello de Allariz están a traballar xa nas doce parcelas que baixo o lema "Os xardíns da Poesía" integrarán a futura edición.

Preparación para o 'Festival Internacional de Xardíns'. Foto: Concello de Allariz
Preparación para o 'Festival Internacional de Xardíns'. Foto: Concello de Allariz

"Malia a choiva, a construción ten avanzado sobre todo na realización, en taller,das estruturas que se incorporaran aos deseños", explica a Alcaldesa Cristina Cid.  

Coma todos os anos o festival irá da man dunha programación que incluirá xornadas, actividades e demais eventos que formaran parte da axenda do Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2021. O pasado ano tivo que ser adiado por mor da declaración do Estado de Alarma.

Os deseños dos xardíns desta XI edición chegan dende Arxentina, Italia, Alemaña, China, Madrid, Colombia ou Portugal ademais dalgunha proposta galega na que compartirán espazo co xardín gañador da edición 2019 "Se o heroe da túa propia película" do Equipo EMU formado por Elisabeth Stacher, Max Miller e Udo Buttinger. E como vén sendo costume, entre os doce espazos participantes, haberá un xardín deseñado polos rapaces dos centros educativos de Allariz.

A priori, este festival "preséntase este ano como o plan perfecto para a nova normalidade, nun espazo ao aire libre de 37.000 m2 para gozar da xardinería e da poesía", trasladan dende a organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta