GC Aberto

Fene: Un exemplo a non seguir

A actual deterioración urbanística é un reflexo da depreciación social e política, que debe ser combatida e erradicada coa aplicación dun urbanismo alternativo; unha nova percepción de ordenación territorial onde a cidadanía teña garantida participación na construción do seu propio futuro.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 22/02/2021

Comparte esta noticia

No canto de facer lectura das causas que ocasionaron a actual "eutanasia urbanística", non entraron  no fondo da cuestión, renunciando así á necesaria catarse que con carácter ineludible tería de afrontarse politicamente para afianzar con solvencia un modelo urbanístico de futuro, formulado acorde á realidade do momento, e por tanto, diametralmente diverxente co estereotipo do urbanismo  de épocas pretéritas, resultando tal actitude ademais dun erro de estratexia, unha sordidez política, polo que dificilmente pódese falar de cambios e progreso na esfera municipal cando institucionalmente mantense vixente o modelo urbanístico  causante da hecatombe.

Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA
Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA

O  principal obxectivo do plan urbanístico  debera estar dirixido  a construír  cidades máis belas, habitables e respectuosas co  seu hábitat  natural, que nunca a  desregular  en sentido oposto para favorecer con iso a corrupción, un mal  endémico   que agrupa  os casos de abuso de poder dos  cargos públicos que incumpren  as  normas urbanísticas co obxecto de obter un enriquecemento ilícito ou favorecer intereses  espurios, utilizando para tal finalidade  a  inxerencia política  sen considerar a efecto algún  o  ordenamento xurídico nin os informes técnicos  coa  pretensión de establecer o  “urbanismo á carta” como regula de xogo .

As  declaracións de intencións dos nosos políticos locais en favor dun urbanismo racional e de cumprimento das normas establecidas adoitan ter mero valor testemuñal, por canto  en gran medida segue imperando o amiguismo e o mirar para outro lado, ou o que é peor  son os propios concelleiros quen  incorre na vulneración  do ordenamento urbanístico para favorecer  a achegados e familiares  da  súa propia órbita política 

Por iso aínda e cando a Administración debese servir con obxectividade  aos intereses xerais, e  pleno sometemento á lei e ao dereito, adoita ocorrer que por desacato  dos cargos políticos con esta disciplina dítanse resolucións administrativas de contido arbitrario, sabendo que tales condutas superan a mera contradición co Dereito para converterse nun ataque consciente e grave contra os intereses que precisamente as normas infrinxidas pretendían  protexer.

Demasiados pillabáns ocupando o prestixio que outros puidesen darlle aos cargos políticos, ata o extremo que a un dálle  medo cada vez que  mira a operativa dunha  Xunta de Goberno ou un pleno Municipal ao observar que os “personaxes” que conforman eses órganos institucionais  teñen conseguido  poñer en dúbida a propia honorabilidade do cargo que ocupan e a razón política de pertenza, pois a súa carencia de ecuanimidade  trae consigo, a arrogancia , a prepotencia, o despropósito  e moi asiduamente a corrupción

Neste noxo de país, cando a maioría do sector político excede do  empacho falando de hixiene institucional, non pense ninguén que os seus membros fano co obxecto de destapar transparencia á súa xestión, todo  o contrario, o  maquinan coa intención expresa de enmascarar a  impureza que ocultan tras o seu turbio proceder

O retrato da actualidade política non pode ser máis desolador, pero a pesar diso e do  empeño dos elementos causantes da situación, temos de afirmar que a corrupción  non é inevitable.  

Pódese limitar, débese controlar, hase de erradicar; e isto ten que ser así, se estamos dispostos  a salvar a democracia como capital  irrenunciable en atribución ao feito que nos outorga ser os donos  do noso destino.

Por tanto, non debemos  conceder  máis prórroga a quen esgotou  a confianza dos cidadáns, a quen aproveitou a función política para satisfacer  as súas propias conveniencias.

Nós, a sociedade civil, temos a chave para impulsar o cambio necesario, e tamén a responsabilidade  de esixir o desaloxo da actividade  política de quen perdeu toda  confianza  para  o desempeño das súas funcións e a quen extraviou  o esencial  código  de conduta  que require  a dedicación á cousa pública.

A cidadanía  non debe estar exposta  ao contaxio  que produce  a inhalación  da nauseabunda   inmundicia política.

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta