“ClubHouse”, a rede social de moda, xa fala galego

“ClubHouse en Galego Tempo de verbena (Leira Party)" é unha nova sala programada para este sábado pola noite.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 20/02/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Pablo García “Chichas”, locutor de Radio Estrada, en colaboración con Rebeca Munín, directora da “Revista Pincha” e Victor Grande, cómico e guionista da TVG abrían o pasado xoves 18 de febreiro a primeira sala en galego dentro da App “ClubHouse”, chamada “Galegos en ClubHouse”. Para animar aos que xa eran usuarios da mesma a compartir, en galego, as súas impresións e as posibilidades desta nova rede social e a crear unha comunidade que aporte valor a través la lingua galega.

Clubhouse é unha rede social que se lanzou fai once meses e que xa ten máis de oito millóns de descargas e iso que só está dispoñible para dispositivos con sistema operativo IOS  e só permite o acceso mediante unha invitación dos usuarios.

Clubhouse, unha nova rede social na que xa está presente o galego
Clubhouse, unha nova rede social na que xa está presente o galego

En esencia, esta aplicación permite aos usuarios unirse a salas de audio e falar con outras persoas. Hai salas para todos os gustos, dende as que acollen charlas informais entre amigos, ata as salas máis técnicas, onde profesionais de todo o mundo comparten as súas experiencias persoais e laborais.

BOA ACOLLIDA EN GALICIA

Debido a boa acollida desta primeira sala, na que houbo intervencións incluso dende Nova Yorke. E vendo que dende o xoves xa apareceron máis salas dentro da aplicación facendo referencia ao galego e a Galicia e que xa hai unha gran comunidade lusófona dentro da rede social. Os organizadores desta primeira sala decidiron repetir a experiencia, para que a utilización do galego se normalice dentro da aplicación e non sucedan casos como o do TikTok, que vetou unha campaña da Xunta de Galicia en galego.

Deste xeito está programada outra sala para este sábado día 20 as 22:25h. Chamada:
“ClubHouse en Galego Tempo de verbena (Leira Party)”. "Esta sala pretende ser un punto de encontro para tod@s @s galeg@s, e a xente que lle guste ou queira descubrir Galicia. Pasando un sábado divertido, aportando valor para a creación de novos proxectos ou simplemente, falando de todo o que se queira, emigración, gastronomía, música, cine, Tv...", apuntan os impulsores.

Pra aceder á ligazón da sala “ClubHouse en Galego Tempo de verbena (Leira Party)” preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta