Un morto en 14 accidentes de tráfico esta fin de semana a pesar das limitacións da covid

Outras 17 persoas resultaron feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 17 persoas debido a 14 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu. Os días con máis incidentes foron o sábado e o domingo, con cinco sinistros en cada caso.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 19 de febreiro e as 23,59 horas do domingo 21 un total de 21 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 19. En concreto, as ambulancias realizaron 16 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres ocasiones.

En 15 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, nunha ocasión recibiu atención no lugar e outra persoa faleceu no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 71 por cento e a de mulleres reduciuse ao 29%. En canto ás idades dos feridos, o 47% dos asistidos tiña entre os 20 e 44 anos.

Pontevedra, con sete accidentes, foi a provincia galega con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con seis; e Lugo, cun, mentres que na de Ourense non houbo.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta