Denuncian o control político que Feijóo exerce do comité clínico ao adiantar el as medidas que se adoptan

Asociación en Defensa da Sanidade Pública cuestiona este organismo e di que "está integrado maioritariamente por persoal da mesma administración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública volve cuestionar o comité clínico que asesora á Xunta nas medidas para loitar contra a pandemia da covid-19, despois de que o presidente Alberto Núñez Feijóo e outros dirixentes autonómicos "adianten" algunhas medidas nos días previos á reunión do luns.

A través dun comunicado, a plataforma afea a "interferencia política" do titular do Goberno galego por insinuar nos últimos días o alivio dalgunhas restricións, algo que "debería ser debatido e adoptado" polos expertos sanitarios que integran o comité.

Isto "confirma o control" que Feijóo e a súa administración "exerce" sobre este órgano, "o que supón unha clara interferencia política en temas de natureza sanitaria". E é que, segundo xa denunciou previamente a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, este comité "está integrado maioritariamente por persoal da mesma administración" que --apunta-- foi "elixido por criterios de afinidade política".

"Volvemos reiterar a esixencia de transparencia e de participación no establecemento das estratexias para facer fronte á pandemia da covid-19 e que as medidas que se adopten, que sexan de acordo a criterios baseados na evidencia científica", finaliza o comunicado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao comité clínico.. Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao comité clínico.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta