A facturación da industria baixa un 5,8% en Galicia en 2020, a metade que a media

A cifra de negocios do sector rexistra un aumento do 3,3% o último mes do ano.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria baixou unha media do 5,8% en Galicia en 2020 en comparación con 2019, descenso que é a metade do experimentado pola media (-11,7%). En decembro, a facturación da industria na comunidade galega anotouse un incremento interanual do 3,3%, de acordo cos datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A baixada de 2020 é a maior rexistrada en Galicia na serie histórica, que empeza en 2011. En 2012 reduciuse un 3,5% e en 2014, un 3,6%. No conxunto estatal, a cifra de negocios da industria baixou unha media do 11,7% en 2020 en comparación con 2019, a súa maior caída desde o ano 2009, cando retrocedeu case un 22%.

DATOS ESTATAIS

Desta forma, as vendas da industria rompen con seis anos de crecementos anuais consecutivos como consecuencia da crise xerada polo Covid. O retroceso da facturación da industria en 2020 foi resultado das caídas en todos os sectores, especialmente na enerxía (-41,6%), seguido dos bens de equipo (-11,3%); os bens intermedios (-10,3%); os bens de consumo duradeiro (-10%) e os bens de consumo non duradeiro (-5,3%).

Computador en industria. ITI
Computador en industria. ITI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta