A alcaldesa da Coruña prevé un "alivio" das restricións "se non esta semana, a seguinte"

Por E.P. | A CORUÑA | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, prevé que a Xunta decida un "alivio" das restricións pola pandemia para a cidade "se non esta semana, a seguinte". "O importante é que desde que se implantaron as novas medidas, a incidencia acumulada baixa. Lentamente, pero vai baixando", explicou a preguntas dos xornalistas.

Tras unha rolda de prensa no palacio municipal, a rexedora destacou que os contaxios "van diminuíndo" e tamén "baixan" os ingresos hospitalarios. "Non existe a presión sanitaria que había fai unhas semanas", apuntou, polo que cre que as medidas "funcionaron" e a cidadanía actuou "con responsabilidade".

"Esperamos que, se a situación sanitaria o ecomenda, se alivien as restricións. Se non é esta semana, será a seguinte", asegurou Rey. Con todo, pediu que os "pasos" que se dean "sexan seguros, non impliquen unha volta atrás". Por outra banda, cualificou o ritmo de vacinación de "lento" e pediu axilidade "para que se protexa aos maiores".

Varias persoas camiñan polo paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas camiñan polo paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta