Deputación da Coruña e a CEG piden que se dean xa pasos para reindustrializar Galicia

Apuntan á necesidade de contar cunha "planificación estratéxica que aborde o desenvolvemento industrial e os retos da descarbonización, dixitalización, envellecemento activo, incremento da produtividade, reindustrialización e coxunturalmente afrontar a pandemia e os seus efectos".

Por E.P. | A CORUÑA | 22/02/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e o titular da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, coincidiron na necesidade de promover a reindustrialización de Galicia. Esta cuestión centrou a reunión que ambos mantiveron no marco das visitas institucionais que o presidente da patronal galega está a manter tras o seu nomeamento.

"É necesaria unha aposta urxente pola reindustrialización de Galicia, modernizando a industria existente e apostando por lapromoción de novas explotacións a través de proxectos estratéxicos, que permitan abordar todo o ciclo produtivo, e en todo caso sen renunciar a liderar aquelas fases de maior valor engadido", sinala tras a reunión.

Ademais, apuntou á necesidade de contar cunha "planificación estratéxica que aborde o desenvolvemento industrial e os retos da descarbonización, dixitalización, envellecemento activo, incremento da produtividade, reindustrialización e coxunturalmente afrontar a pandemia e os seus efectos".

O presidente da CEG tamén puxo sobre a mesa a necesidade de apoio ao sector da hostalaría, restauración e aloxamento, con axudas "estables e que duren o tempo que se prolongue a crise". Mentres, o presidente da Deputación da Coruña incidiu na necesidade de "aproveitar o gran potencial de Galicia en sectores estratéxicos" e apelou á "oportunidade histórica" dos fondos europeos de recuperación. No encontro, entre outras cuestións, abordouse a importancia do sector naval ou a necesidade dun plan de desenvolvemento que permita aproveitar a capacidade produtiva do sector agrogandeiro e forestal.

OUTRAS REUNIÓNS

Por outra banda, o presidente da Deputación da Coruña tamén mantivo unha reunión co presidente provincial da Asociación Española contra o Cancro, Manuel Aguilar, e a xerente da entidade, Gemma García, para abordar novas liñas de colaboración.

Noutra orde de cousas, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitou este luns o concello de Coristanco, onde se reuniu o seu alcalde, Juan Carlos García Pose, así como membros da corporación para facer balance do cinco anos do Plan Único de concellos e a través do que se achegarán ao municipio case 5,5 millóns de euros.

O presidente da CEG,  Juan Manuel Vieites, reúnese co seu homólogo da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso. CEG
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, reúnese co seu homólogo da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso. CEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta